Diario vermello de Carlota

E un diario que desborda os extremos do persoal para achegarse as experiencias sexuais de Carlota.
O diario persoal de Carlota, unha adolescente que escribe todas as súas primeiras experiencias sexuais cun rapaz chamado Flánagan. Ela está confundida, porque o seu mozo vive lonxe e so poden falar por correo electrónico, pero coñeceu a Flánagan, e non sabe que sinte por cada un. Grazas a axuda da súa prima, da súa tía e da súa avoa pode entenderse mellor, coñecerse desde o seu interior. Grazas á axuda de Flánagan pode ir escribindo no seu diario o primeiro coito, o coñecemento dos xenitáis femininos e masculinos, o embarazo, os anticonceptivos…

Grazas a este libro as rapazas pódense coñecer mellor, e os rapaces entendernos mellor.



A min este libro gustoume moito, axudoume a ver o sexo dunha perspectiva diferente. 
Este libro enganchoume dende o primeiro momento e ademais infórmanos sobre moitos aspectos sexuais, que poden aclararnos moitas dudas. 
O libro trata tamén o sexo como algo natural, non sucio e o libro é respetuoso en todo momento. É como este non é un tema tan coñecido, ainda que debería selo.
O diario vermello de Carlota non é solo un libro, é unha guía, un manual que todos os adolescentes deberían ler. Está si que é unha obra que deberían lerse obligatoriamente nos centros educativos, tanto para os rapaces como para as rapazas, non solo resolvería moitas dudas que poidan ter os alumnos, senon que advertiría de problemas que prodríamos ter. 

Paula Rey, 3º B

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Reticências