@s ruíns tamén teñen corazón: Hansel e Gretel

                    Hansel e Gretel 
                                             Conto ao revés 

Érase unha vez unha bruxa, que non era tan malvada como todas as outras. 

Vivía moi tranquilamente na súa cabana dende algúns anos atrás, e un día pasóuselle pola cabeza decorala con lambetadas e chocolatinas. Algo un pouco estraño, si, pero ao fin e ao cabo era a súa casa. Todos os días saía a pasear e alimentaba cos seus caramelos aos animaliños que había polo bosque. 

Todos a querían moito, nunca fixera nada malo a ninguén. As únicas persoas que lle tiñan medo eran os veciños que anos atrás a botaran da aldea. 

Un día como calquera outro estaba na casa e escoitou ruídos fóra, eran uns nenos. Ela non estaba moi segura de como tratar con eles e ofreceulles  de comer as lambonadas que tiña por toda a casa. Invitounos a pasar . Eles dixéronlle á bruxa quen era o seu pai. Ela ao escoitar o nome, recordou que era unha das principais persoas que ha botara da aldea. Ela quería vingarse e darlle un bo susto aos nenos. 
Entón colleu a Hansel e pechouno nunha gaiola grande e a Gretel  obrigouna a limpar todo o desastre que fixeran comendo e manchándoo todo. 

Hansel asustado preguntoulle que porque lle deixaba na gaiola. Ela díxolle que era para comelo. Cando a bruxa estaba a piques de rematar con ese teatro sentiu que a empurraban a dentro do forno e o acendían de verdade. 

Os nenos roubaronlle  todo o ouro que tiña a bruxa e escaparon felices, sen saber que acabaran cunha inocente. 
  
 FIN 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Reticências