Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta 2º ESO

@s ruíns tamén teñen corazón: Hansel e Gretel

                      Hansel  e  Gretel                                                 Conto ao revés   Érase unha vez unha bruxa, que non era tan malvada como todas as outras.   Vivía moi tranquilamente na súa  cabana  dende algúns anos atrás, e un día  pasó uselle  pola cabeza decorala con lambetadas e  chocolatinas . Algo un pouco estraño, si, pero ao fin e ao cabo era a súa  casa. Todos  os días saía a pasear e alimentaba cos seus caramelos aos animaliños que había polo bosque.   Todos a querían moito, nunca fixera nada malo a ninguén. As únicas persoas que lle tiñan medo eran os veciños  que anos a...

@s ruíns tamén teñen corazón: Os tres porquiños

Os tres porquiños Nunha aldea calqueira, vivía un lobo non moi normal, porque axudaba á xente do pobo, non mataba nin a unha mosca. Este lobo vivía do que lle daba a xente do pobo, sobras, carne, peixe etc. pero un día, cando él estaba a axudar aos do pobo, uns porcos, que non eran da aldea viñeron a intertar matalo, porque eles querían quitarlle o posto. El, cando foi de noite, meteuse na cama, porque este lobo é moi especial porque é diúrno, e os porquiños intentaron derrubala, pero non puideron. Intentaron ao seguinte e tampouco puideron. O lobo despois de varios dias sen poder durmir e despois de escoitar aos veciños que dicían que o lobo matara unhas ovellas, decidiu poñerlles unhas trampas aos porquños. Fixo un pote tan grande coma unha mesa chea de auga fervendo, na chimenea, porque escoitara planexar os porcos que ían entrar por alí, entón, na metade da noite, apagou as luces e foise “durmir”, os cerdos entraron, cunha corda atada á chimenea fixeron rápel e de...

@s ruíns tamén teñen corazón: O lobo e os sete cabritos

Imaxe
OS SETE CABRITOS: Érase que se era un lobo moi tímido que vivía coa súa nai nunha casa moi pequena. Un día, a nai do lobo foi mercar comida, o lobo non quería quedar na casa solo porque dáballe moito medo que viñesen os sete cabritos facer burla del, pero a súa nai tranquilizouno e díxolle que volvía pronto. O lobo levaba so na casa unha hora cando soou o timbre, foi mirar quen era… Eran os sete abritos! El negouse a abrir, pero os cabritos dixéronlle que só querían xogar. O lobo pensouno dúas veces e ao final deixounos entrar. Ao entrar, os cabritos empezaron a tirar todo e a desordear a roupa da súa nai, o lobo comezou a chorar e a dicir que parasen, pero os cabritillos burlábanse del. A nai do lobo chamou a porta e os sete cabritos marcharon pitando pola ventá. Cando ela entrou e viu o desastre empezou a botarlle unha bronca moi grande ao lobo, cando entón o pobre lobo díxolle que el non fora, que foran os sete cabritos . Ao escoitar esto sin pens...

@s ruíns tamén teñen corazón. O pastor mentireiro

Imaxe
Unha tarde calquera, o lobo baixou ao bosque para poder comer. Decidiu ir por un camiño novo que sempre tivera gañas de invesitigar. Indo por ese camino deuse conta que había unhas ovellas, pero pasou sen achegarse. Uns días despois mentres durmia, espertouno un estraño ruído, un ruído humano, que dicía: “Axudádeme por favor, o lobo vai matar as miñas ovellas!”. O lobo sabía que non había outro como el, el era o único lobo no bosque. O animal baixou a ver que pasaba e, para a súa sorpresa, estaban os habitantes da aldea rifando ao pastor por gastar aquela broma. Entón, o lobo volveu para a súa casa e ao día seguinte, volveu a escoitar: “O lobo, o lobo, por favor axudádeme!”. O lobo, moi intelixente, non volveu a caer na mesma trampa pero si escoitou aos aldeáns rifalo de novo polas súas mentiras. Ao día seguinte, o lobo estivo reflexionando e deuse conta que non lle gusta que o pastor estea constantemente facendo a mesma broma porque se facía ver como unha criatura horrible, a...

Escarlatina, a cociñeira defunta

Escarlatina, a cociñeira defunta Read more publications on Calaméo

@s ruíns tamén teñen corazón: Os tres porquiños

Imaxe
Os tres Porquiños ao revés  Esta é a historia dunha nai que tiña tres porquiños e que quería darlle unha lección ao lobo porque sempre os estaba asustando e amolando coas súas bromas. Así pois, tramaron un plan que consistía en contruír unha casa para así poder atrapalo. Logo buscaríano e enganariano cunha boa escusa para poder asi encerralo para sempre. Sen demora puxéronse, os tres mans a obra. O porquiño máis novo, que tiña poucas ganas de traballar, fixo unha casiña con palla, o mediano fíxoa con madeira e o maior púxose a construila con ladrillos. Ás poucas horas o porquiño máis novo xa tiña rematado, mentres que os outros seguían a traballar. Despois rematou o porquiño mediano e por último o maior... Xa estaba todo preparado, foron buscar ao lobo, que era vexetariano, co pretexto de invitalo a tomar un pastel de cenoria, que seica lle gustaba moito. O lobo seguinos moi ledo ata a casiña de palla e cando entrou nela os porquiños pechárono dentro. Asustado o lobo, soprou e...

@s ruíns tamén teñen corazón: A serea

A Serea A   bruxa  Ú rsula  era a  noiva  do príncipe sereo Tritón , pero o   seu  pai  díxolle  que se quería ser  rei  tiña  que casar  cunha  serea e non  cun   polbo.  O príncipe  tomou   a decisión de casar  cunha  muller mariña e para  non  sufrir vendo á  súa  querida Ú rsula   botouna   do reino.   Pasaron os anos e  Ú rsula   estaba  moi  triste porque quería volver ver  ao   seus   amigos  pero o  rei  Tritón non  llo  permitía.   Seguiu  pasando o tempo e o  rei   tivo   fillas  e  Ú rsula   atopou  a  maneira  de  facerlle  pagar coa mesma  moeda   ao   rei ,  quitándolle  a  unha  das  s úas   fillas,  Ariel e  mandándoa   ao ...