Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Un animal chamado néboa

Un animal chamado néboa

Imaxe
Un animal chamado néboa Ledicia Costas O certo é que, a pesar de toda a violencia que se expresa, gustoume bastante. Non tanto porque sexa ou non do tipo de libros que me gustan, si non porque no fondo sei que difundir esta novela, con todo o seu contido e con todo o que se expresa, concienciará a moitos lectores dun feito histórico que sucedeu, e que pode suceder.  As películas de guerras teñen un gran efecto negativo sobre o noso xeito de ver estes acontecementos. Fannos ver que sacrificar a vida duns poucos homes, como se non valera nada, pode salvar a moitos outros, e gañar a guerra convirte aos loitadores en heroes. Fannos ver que o protagonista perde homes, pero el nunca morrerá en batalla, será un ídolo para os demais soldados. En certo modo, impulsan ó desexo de converterse nun soldado, incita á guerra. As novelas como esta, porén, cambian esa imaxe da guerra que temos todos na cabeza. Esta novela proxecta a situación como é en realidade: un caos de sangue e sufri...

Un animal chamado néboa

Imaxe
Recensión: Un animal chamado néboa-Ledicia Costas Datos do libro Título: Un animal chamado néboa Autora: Ledicia Costas Páxinas: 197 Editorial: Xerais Neste libro relátanse varias historias relacionadas entre sí que transcorren durante a Segunda Guerra Mundial. Primeiro se relata unha historia na que un pobo, Leningrado se queda sen comida, xa que están rodeados polos nazis e non poden saír, nesta historia morre de fame moita xente. A segunda historia trata dun barco, o Indianapolis, ao que os xaponeses atacan, os supervivintes do Indianapolis quedan atrapados no mar e os tiburóns comen a algúns dos supervivintes, un avión os ve e os rescata. Na tercera historia caen dúas bombas atómicas sobre Xapón e morre moita xente. Hope o fillo de Paul Tibbets, o comandante do avión que tirou as bombas sobre Xapón, coñece a Jun, unha preciosa muller xaponesa. Ao principio Hope pensa que Jun o vai  rechazar por ser o fillo de Paul Tibbets, pero ao final non o rechaza. A cu...