Palabras envelenadas

Se che gustan as novelas que conteñen unha trama de segredos, crimes e desaparicións misteriosas; esta obra é a indicada para transformarte nun auténtico detective que atrapará ao culpábel da desaparición de Bárbara Molina.


SINOPSE

Bárbara Molina é unha rapaza de quince anos que desaparece durante catro anos e que durante moito tempo, o seu caso, estivo sen resolver xa que pensaban que Bárbara non seguía con vida. Pero un día a súa mellor amiga da rapaza Molina, Eva Carrasco, recicbíu unha chamada da mismísima Bárbara na que pedía axuda desesperadamente e dende este punto, as cousas póñense patas arriba e o caso volve a cobrar vida coa esperanza de recuperala. Mentres tanto o inspector Lozano, quen levara o caso dos Molina durante todo este tempo, chégalle o momento da súa xuvilación polo que deixa o caso en mans do subinspector Sureda, quen demostra dende o principio, unha gran capacidade de investigación e astucia. Conseguirán os inspectores e as persoas cercanas a Bárbara Molina atopar ao secuestrador e pechar o caso dunha vez por todas?

AUTORA





PERSONAXES



Bárbara Molina: é a protagonista desta historia e caracterízase por ser unha persoa extrovertida e un pouco iresponsable. Era a mellor amiga de Eva Carrasco pero debido a unha infidelidade entre a parella da última e Bárbara, a súa amistade viuse afectada.



Nuria Solís: era a nai de Bárbara Molina. Esta muller era unha persoa chea de alegría e enerxía, pero dende a desaparición de Bárbara, volveuse unha persoa fría e pouco enérxica. Ela agochaba segredos e incumplementos das normas que a nena facía as escondidas do seu pai. Nuria escondía estes incidentes ao seu marido para protexer a súa filla dun castigo moi duro, xa que recentemente, entre eles dous había serias discusións.



Pepe Molina: era o pai de Bárbara. Na historia se interpreta a este home como unha persoa positiva e non dubidou en cooperar ca policía cando a súa filla desapareceu. Pero esta facenda non lle ía a durar moito xa que se descobre a verdade da desaparición da rapaza e o seu implicamento.



Eva Carrasco: era a mellor amiga de Bárbara e foi ela quen recibíu a chamada que volveu a abrir o caso de Bárbara Molina. Anteriormente tivo un noviazgo con Martín Borrás que máis tarde se soubo que andaba moceando ao mesmo tempo con Bárbara. Isto provocou riñas entre as dúas mozas que acabaron rompendo coa súa amistade. Eva confiaba plenamente en Pepe e foi el o primeiro en saber o da chamada de ausilio da desaparecida.



Martín Borrás: era o ex-noivo de Eva e o novo noivo de Bárbara. Ao comenzo da novela era o principal sospeitoso como o secuestrador de Molina pero esta conclusión foi descartada cando máis adiante da novela rastrease un móvil diferente ao del.



Xesús López: era o profesor de historia do instituto ao que acudía Bárbara. Foi acusado de secuestrar á moza xa que moita xente dicía que este home tiña relacións moi persoais coas rapazas ás que impartía clase e unha desas rapazas era Bárbara. A nena estaba namorada do profesor profundamente e el simplemente xogaba cos seus sentimentos e con todas as demais nenas. Pero queda descartado igual que no caso de Martín Borrás.



Inspector Lozano: foi o detective que estivo dende o principio investigando sobre a desaparición de Bárbara Molina. Era moi cercano á familia dos Molina xa que tratara con eles durante catro anos pero a súa xubilación estaba preto e tiña que deixar o caso de Bárbara a outro subinspector. Ao final da historia este personaxe morre asasinado nun intento de salvar a Bárbara das garras do secuestrador.



Subinspector Toni Sureda: é os sustituto de Lozano. Dende o principio mostra interese no caso da desaparición e deixa en claro as súas habilidades como detective demostrando gran axilidez e astucia.



OPINIÓN PERSOAL



Pareceume un libro moi interesante e educativo. O final é inesperado xa que dende un principio apuntas que foron ou Martín ou López os autores da desaparición. Pero logo te das conta do gran traballo que fixo Pepe Molina para manterse incuberto e que non sospeitaran que el tivo algo que ver ca desparición.

Bárabara foi sometida a torturas tanto físicas como psicolóxicas por parte do seu pai, vivindo nun espazo cerrado sin ver a luz do día durante catro anos. A novela trata o principal tema do maltrato á menores, o abuso sexual e a importancia de saber educar ben aos nosos fillos.


Recomendo este libro a todas aquelas persoas que lles gustan xogar aos detectives e resolver crimes.





Lucía Vázquez, 3ºA



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Reticências