@s ruíns tamén teñen corazón: O lobo e os sete cabritos

OS SETE CABRITOS:
Érase que se era un lobo moi tímido que vivía coa súa nai nunha casa moi pequena.

Un día, a nai do lobo foi mercar comida, o lobo non quería quedar na casa solo
porque dáballe moito medo que viñesen os sete cabritos facer burla del, pero a súa
nai tranquilizouno e díxolle que volvía pronto.

O lobo levaba so na casa unha hora cando soou o timbre, foi mirar quen era…
Eran os sete abritos! El negouse a abrir, pero os cabritos dixéronlle que só
querían xogar. O lobo pensouno dúas veces e ao final deixounos entrar.
Ao entrar, os cabritos empezaron a tirar todo e a desordear a roupa da súa nai, o
lobo comezou a chorar e a dicir que parasen, pero os cabritillos burlábanse del.
A nai do lobo chamou a porta e os sete cabritos marcharon pitando pola ventá.
Cando ela entrou e viu o desastre empezou a botarlle unha bronca moi grande ao
lobo, cando entón o pobre lobo díxolle que el non fora, que foran os sete cabritos .
Ao escoitar esto sin pensalo,a nai do lobo foi correndo ata a casa dos sete cabritos
para comunicarllo a súa nai. Cando procedeu a contarllo, a nai dos sete cabritos
empezou a botarlles a bronca a eles, puxéronse a chorar e foi entón cando foron a
casa do lobo a pedirlle perdón e a recoller todo o que tiraran naquela casa.


XIANA LINNÉA

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Reticências