@s ruíns tamén teñen corazón: Os tres porquiños

Os tres Porquiños ao revés
 Esta é a historia dunha nai que tiña tres porquiños e que quería darlle unha lección ao lobo porque sempre os estaba asustando e amolando coas súas bromas. Así pois, tramaron un plan que consistía en contruír unha casa para así poder atrapalo. Logo buscaríano e enganariano cunha boa escusa para poder asi encerralo para sempre.

Sen demora puxéronse, os tres mans a obra. O porquiño máis novo, que tiña poucas ganas de traballar, fixo unha casiña con palla, o mediano fíxoa con madeira e o maior púxose a construila con ladrillos. Ás poucas horas o porquiño máis novo xa tiña rematado, mentres que os outros seguían a traballar. Despois rematou o porquiño mediano e por último o maior...

Xa estaba todo preparado, foron buscar ao lobo, que era vexetariano, co pretexto de invitalo a tomar un pastel de cenoria, que seica lle gustaba moito. O lobo seguinos moi ledo ata a casiña de palla e cando entrou nela os porquiños pechárono dentro. Asustado o lobo, soprou e soprou e a casiña derrubou... e saíu correndo cara o bosque.


Ao día seguinte volvérono buscar e co pretexto de pedirlle desculpas e mostrarle a súa nova casiña, o porquiño mediano pechouno na casiña de madeira. E unha vez máis o lobo soplou e soplou e a casiña derrubou, logrando fuxir. Así de novo, voltaron buscar ao lobo ao seguite día, e este, que era un bendito, do inocente que era, alá se foi ata a casiña do porquiño maior que era de tixolo... Agora, si quedou atrapado, e por máis que soprou e soprou non conseguiu derrubar a casa e poder fuxir de tales maquiavélicos porquiños.
Guillermo Varela

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Reticências