@s ruíns tamén teñen corazón: A serea
A Serea
A bruxa Úrsula era a noiva do príncipe sereoTritón , pero o seu pai díxolle que se quería ser rei tiña que casar cunha serea e non cun polbo.
O príncipe tomou a decisión de casar cunha muller mariña e para non sufrir vendo á súa querida Úrsula botouna do reino.
Pasaron os anos e Úrsula estaba moi triste porque quería volver ver ao seus amigos pero o rei Tritón non llo permitía.
Seguiu pasando o tempo e o rei tivo fillas e Úrsula atopou a maneira de facerlle pagar coa mesma moeda ao rei, quitándolle a unha das súas fillas, Ariel e mandándoa ao reino dos humanos, ideou un plan para que a pequena das fillas namorase dun príncipe humano. Así a convencería de darlle unhas pernas para así poder estar co seu príncipe aínda que a consecuencia de ter pernas era quitarlle a súa propia voz.
O plan para vingarse do seu pai que ía de marabilla. Ariel cada día estaba máisnamorada do príncipe e o seu pai non paraba de chorar por perder unha das súas fermosas fillas.
Úrsula a pesar de todo aínda seguía namorada de Tritón e no último momento decidiu destruír o conxuro devolvéndolle a Tritón a súa adorada filla. Co que non contaba Úrsula era que na súa vinganza contra o rei cometeu o mesmo erro que o pai do rei, así que, convenceu a este para que co seu tridente devolvese as pernas ou a cola para que non lle pasase o mesmo que eles.
Desta maneira Ariel puido estar en ambos sitios.
FIN
Nuria López Ramos 2ºB
Comentarios
Publicar un comentario