Un animal chamado néboa

Un animal chamado néboa
Ledicia Costas

O certo é que, a pesar de toda a violencia que se expresa, gustoume bastante. Non tanto porque sexa ou non do tipo de libros que me gustan, si non porque no fondo sei que difundir esta novela, con todo o seu contido e con todo o que se expresa, concienciará a moitos lectores dun feito histórico que sucedeu, e que pode suceder. 
As películas de guerras teñen un gran efecto negativo sobre o noso xeito de ver estes acontecementos. Fannos ver que sacrificar a vida duns poucos homes, como se non valera nada, pode salvar a moitos outros, e gañar a guerra convirte aos loitadores en heroes. Fannos ver que o protagonista perde homes, pero el nunca morrerá en batalla, será un ídolo para os demais soldados. En certo modo, impulsan ó desexo de converterse nun soldado, incita á guerra.
un animal chamado neboa-ledicia costas alvarez-9788499148731As novelas como esta, porén, cambian esa imaxe da guerra que temos todos na cabeza. Esta novela proxecta a situación como é en realidade: un caos de sangue e sufrimento. Momentos difíciles. O contar a mesma historia dende puntos de vista distintos fainos meditar. O contar a vida de cada un dos soldados que morre no campo de batalla como a de calquera outra persoa, e non coma un simple obxecto de ataque, conciéncianos. Conciéncianos de que sacrificar a vida duns poucos homes vale tanto como a do protagonista, ou como a do heroe. Danos a entender que a guerra non é algo que haxa que buscar. Por iso, si teño algo en claro desta novela é que a descrición impecable de cada agresión, de cada morte, de cada tortura, é relevante para transmitir o sufrimento ó lector. É por iso polo que me gustou tanto esta novela.


                     


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Reticências