Un animal chamado néboa

Recensión: Un animal chamado néboa-Ledicia Costas
Ver las imágenes de origenDatos do libro
Título: Un animal chamado néboa
Autora: Ledicia Costas
Páxinas: 197

Editorial: Xerais


Ver las imágenes de origenNeste libro relátanse varias historias relacionadas entre sí que transcorren durante a Segunda Guerra Mundial. Primeiro se relata unha historia na que un pobo, Leningrado se queda sen comida, xa que están rodeados polos nazis e non poden saír, nesta historia morre de fame moita xente. A segunda historia trata dun barco, o Indianapolis, ao que os xaponeses atacan, os supervivintes do Indianapolis quedan atrapados no mar e os tiburóns comen a algúns dos supervivintes, un avión os ve e os rescata. Na tercera historia caen dúas bombas atómicas sobre Xapón e morre moita xente. Hope o fillo de Paul Tibbets, o comandante do avión que tirou as bombas sobre Xapón, coñece a Jun, unha preciosa muller xaponesa. Ao principio Hope pensa que Jun o vai  rechazar por ser o fillo de Paul Tibbets, pero ao final non o rechaza. A cuarta historia trátase de dous chicos que son torturados por Pietro e que ao final morren de dor. A quinta trata de mozas que son prostituidas sen poder escapar desa tortura. Na última historia levan a xuízo a tres nazis por todo o dano que fixeron matando a xudíos nos campos de concentración, ao final os tres nazis acaban mortos, un se suicidou e os outros dous os executaron. 

Encantoume o libro, creo que é un bo libro, fala do mal que o pasaba a xente durante a Segunda Guerra Mundial e nos campos de concentración. Creo que é o libro que máis me gusta de Ledicia Costas pero tamén é o máis triste que lin.

Sara Ponte Cupeiro 3ºESO A

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Reticências