Unha tarde calquera, o lobo baixou ao bosque para poder comer. Decidiu ir por un camiño novo que sempre tivera gañas de invesitigar. Indo por ese camino deuse conta que había unhas ovellas, pero pasou sen achegarse. Uns días despois mentres durmia, espertouno un estraño ruído, un ruído humano, que dicía: “Axudádeme por favor, o lobo vai matar as miñas ovellas!”. O lobo sabía que non había outro como el, el era o único lobo no bosque. O animal baixou a ver que pasaba e, para a súa sorpresa, estaban os habitantes da aldea rifando ao pastor por gastar aquela broma. Entón, o lobo volveu para a súa casa e ao día seguinte, volveu a escoitar: “O lobo, o lobo, por favor axudádeme!”. O lobo, moi intelixente, non volveu a caer na mesma trampa pero si escoitou aos aldeáns rifalo de novo polas súas mentiras. Ao día seguinte, o lobo estivo reflexionando e deuse conta que non lle gusta que o pastor estea constantemente facendo a mesma broma porque se facía ver como unha criatura horrible, a...
Comentarios
Publicar un comentario