@s ruíns tamén teñen corazón: Branca de neve



Branca de Neve sempre foi criada entre algodóns. A  pobre muller que se fixo cargo da rapaza despois da mote da súa nai, sempre foi maltratada por este demo de fillastra. Era unha adolescente fachendosa e aborrecible que trataba con abafallo a todos os que a ela se achegaban. Tiña un espello máxico ao que cada día moi vaidosa lle preguntaba:  
- Espelliño, espelliño contéstame unha cousa, non son eu a máis fermosa? O espello, por non rematar esnaquizado sempre contestaba tremelicando: 
- Si, vós sodes a máis fermosa. Ao morrer a anciá que a coidaba, Branca de Neve ficou soa incapaz de facerse cargo da súa propia existencia dirixiuse á casiña dos seus vecinos: os sete ananos e fíxoos os seus escravos. Sempre estaba anoxada e sempre protestaba. Os ananitos tamén cansos polo seu comportamento e a súa inconmensuable tiranía deciden botala da súa pequena casa. Pero Branca de Neve non marcha da choupana, os ananos arrapiados polo maltrato que acotío sofren, chaman a unha vella feiticeira. 
Cando a anciá chega á casoupa dos ananos ofrece unha mazá á rapaza. Ela rexeita a froita de contado:  
- Prefiro unha pera, vella do demo. 
Entón a anciá desexosa de axudar aos seus sete amigos saca unha pera envelenada.  
Branca de Neve cómea de un bocado. De súpeto, cae nun profundo e eterno sono do que ningún bico de príncipe ou princesa podería xamais espertala. 

Selene Tomé, 2º C

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Reticências