@s ruíns tamén teñen corazón. O pastor mentireiro

Unha tarde calquera, o lobo baixou ao bosque para poder comer. Decidiu ir por un camiño novo que sempre tivera gañas de invesitigar. Indo por ese camino deuse conta que había unhas ovellas, pero pasou sen achegarse.

Uns días despois mentres durmia, espertouno un estraño ruído, un ruído humano, que dicía: “Axudádeme por favor, o lobo vai matar as miñas ovellas!”. O lobo sabía que non había outro como el, el era o único lobo no bosque. O animal baixou a ver que pasaba e, para a súa sorpresa, estaban os habitantes da aldea rifando ao pastor por gastar aquela broma. Entón, o lobo volveu para a súa casa e ao día seguinte, volveu a escoitar: “O lobo, o lobo, por favor axudádeme!”.


O lobo, moi intelixente, non volveu a caer na mesma trampa pero si escoitou aos aldeáns rifalo de novo polas súas mentiras.

Ao día seguinte, o lobo estivo reflexionando e deuse conta que non lle gusta que o pastor estea constantemente facendo a mesma broma porque se facía ver como unha criatura horrible, así que decidiu ir a casa do pastor e matar as súas ovellas para que deixase de mentir. E así foi, o lobo matou as súas ovellas e o pastor berrou pedindo axuda pero ninguén foi para protexelo. Despois de que o lobo acabase coas vidas dos animais díxolle ao pastor: “Por mentireiro quedaches sen ovellas, se volves a mentir, quedarás sen vida”. E así foi como o lobo conseguiu que o pastor non volvese mentir.
Diego López, 2º B

Comentarios

Publicacións populares deste blog

@s ruíns tamén teñen corazón: O lobo e os sete cabritos

@s ruíns tamén teñen corazón: A serea