@s ruíns tamén teñen corazón: Os tres porquiños

Pensades que coñecedes ben a historia dos tres porquiños? Soamente escoitastes unha versión.




Brais Otero acláravos a outra:

Os tres porquiños     

Había unha vez un lobo que vivía so no medio dun gran monte. Coa sociedade na que vivimos cada vez hai menos especies no seu contorno para que el puidese cazalas e así poder alimentarse. O lobo cada día que pasaba estaba máis delgado e a súa fame ía en aumento. Un día do mes de xuño chegaron ao monte tres porquiños ben alimentados coa intención de construír cada un unha vivienda e quedar a vivir en plena natureza. Os tres porquiños escolleron un lugar do monte ben solleiro e abrigado para as súas casas e sen máis comenzaron cada un a súa construción. O lobo unha mañá ergueuse cedo e sentíu unhas voces, foi mirar e atopou os tres porquiños construíndo as vivendas, os ollos do lobo quedaron abertos coma pratos e a súa boca comezou a crear cuspe e dixo: 
- ¡Non pode ser real o que estou vendo! ¡Isto ten que ser un soño coa fame que teño e  
Diante de min tres porquiños ben mantidos! 
O lobo observou os tres porquiños dende unha Silveira e mentres estaba pensando a maneira de enganalos para poder comelos, escoitou que un dos porquiños faría a casas de palla, outro de madeira e o último de tixolos, así que esperou a que o da casa de palla rematara e así poder tirarlla dun soprido, cun so porquiño tería abondo para alimentarse uns cantos días. 

Chegou o día no que o porquiño de palla rematou a sua casa e o lobo achegouse ata alí e petoulle á porta. O porquiño ao ver que era un lobo non lle abriu e daquela o lobo comezou a soprar ata tirarlle a casa. O porquiño en lugar de saír correndo ás casas dos seus irmáns quedou con moita valentía a falar co lobo e preguntoulle: 

- ¿Qué é o que quere Sr lobo? -preguntou o porquiño.
Teño moita fame e teño que comervos.-respondeu o lobo
- Pero home, podemos arranxalo doutro xeito-replicou o porquiño. 
- ¿Cómo?   
- ¡Nós temos a despensa chea de comida e non nos importa compartila contigo! 
-acabou contestando o porquiño.
  • -¿Faríades eso por min? 
  • -¡claro que sí! (dixo o porquiño feliz) 
Axiña o porquiño foi á despensa e troúxolle ao lobo un lote de comida.  
Mirade por onde o lobo e os tres porquiños conviviron moitos anos no mesmo lugar e sen ter ningún problema. Foi a prensa amarela a que se inventou toda esa historia de loita e guerra.


Brais Otero Souto 2C 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Reticências