@s ruíns tamén teñen corazón: Hansel e Gretel
Hansel e Gretel Conto ao revés Érase unha vez unha bruxa, que non era tan malvada como todas as outras. Vivía moi tranquilamente na súa cabana dende algúns anos atrás, e un día pasó uselle pola cabeza decorala con lambetadas e chocolatinas . Algo un pouco estraño, si, pero ao fin e ao cabo era a súa casa. Todos os días saía a pasear e alimentaba cos seus caramelos aos animaliños que había polo bosque. Todos a querían moito, nunca fixera nada malo a ninguén. As únicas persoas que lle tiñan medo eran os veciños que anos atrás a botaran da aldea. Un día como calquera outro estaba na casa e escoitou ruídos fóra , eran uns nenos. Ela non estaba moi segura de como tratar con eles e ofreceu lles de comer as lambonadas que tiña por toda a casa. Invitounos a pasar . Eles dixéronlle á bruxa quen era o seu pai. Ela ao escoitar o nome, recordou que era unha das princi